Plans de emprego plans de pensións para os seus empregados
Seguros empresas
Poñemos á súa disposición varios plans de pensións de emprego de promoción conxunta para que elixa o que máis se adapte aos traballadores da súa empresa.
Mediante esta fórmula a empresa pode mellorar as condicións laborais dos seus empregados e ofrecerlles un complemento laboral de alto valor social, que achega vantaxes fiscais para ambas partes:
- Como PEME: as aportacións realizadas en favor dos traballadores son un gasto deducible no Imposto sobre Sociedades.
- Como persoa autónoma: as aportacións realizadas a favor dos traballadores son un gasto deducible no seu IRPF na modalidade de estimación directa.
As aportacións realizadas en favor dos traballadores están exentas de cotización na Seguridade Social e non están suxeitas a retención a conta do IRPF. Consúltenos.
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.