Festas e festexos celebración sen riscos
Seguros de responsabilidade civil
Na organización dun evento o promotor realiza un forte investimento. Este investimento está exposto a unha serie de factores de riscos que non son controlables polo empresario, destacamos os seguintes factores que poden impedir a celebración dun evento musical, deportivo, taurino...
Medioambientais
As condicións meteorolóxicas como a choiva, o vento, a saraiba... poden impedir a celebración do evento, provocando a suspensión, interrupción ou aprazamento do evento en cuestión.
Humanos
Unha indisposición, enfermidade ou accidente imprevisto e repentino do artista que participa no evento, pode provocar a suspensión, aprazamento ou interrupción do evento.
Sociais/estruturais
Os espectáculos e actividades deportivas celébranse en locais que non son propiedade do promotor/empresario pero que lles converte en responsables de todo o que poida ocorrer nas instalacións durante a celebración do evento, tanto danos personais que sufran os asistentes ao evento como danos ao local.
Todos os factores anteriormente expostos, que non son controlables polo empresario, provocan unhas PERDAS DIRECTAS E CUANTIOSAS ao seu patrimonio non soamente polo investimento inicial que teñen que realizar para a celebración/organización do evento, que perdería se devandito espectáculo se suspende, senón tamén todos os gastos que deberán ser desembolsados no caso de que o evento se cancele ou haxa un sinistro.
Tipos de seguros:
- Cancelación de espectáculos: garante o pago dos custos fixos e/ou gastos non recuperables desembolsados polo asegurado na organización e realización do evento, en caso de suspensión ou aplazamento polas seguintes causas:
- Mal tempo.
- Incomparecencia dos artistas asegurados.
- Outras causas: calquera feito alleo ao asegurado que provoque a suspensión, interrupción ou aplazamento do evento asegurado.
- Responsabilidade Civil: R.C. imputable ao organizador derivados da organización do evento, traballos preparatorios e calquera outra actividade tendente ao desenvolvemento do evento e traballos de montaxe e desmontaxe dos equipos, maquinaria, escenario...
- Outros seguros especiais: loterías, concursos de televisión, cinematografía, competicións deportivas, R.C./Accidentes para festexos taurinos...
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.