Seguro familiar cobre danos causados a terceiros como particular
Seguros de responsabilidade civil
O seguro de R. C. Particular e/ou Familiar é un seguro que cobre ata o límite por sinistro e ano indicado nas condicións particulares, as indemnizacións que poidan resultar como consecuencia dos danos directa e accidentalmente causados a terceiros por accións ou omisións neglixentes na súa actuación como:
- Particular.
- Cabeza de familia.
- Deportista na práctica como afeccionado de calquera deporte, salvo de deportes aeronáuticos, o emprego de embarcacións e vehículos a motor.
- Propietario de animais de compañía como cans e gatos, que convivan na vivenda asegurada e non sexan utilizados con fins comerciais, excepto as producidas pola posesión ou tenencia de razas cualificadas de "cans de garda e defensa".
- Propietario ou usuario de bicicletas, e outros vehículos non a motor, así como embarcacións de remo ou a pedal.
- O desprendemento de elementos do continente balcóns, cornixas, tellas, cristais, árbores ou antenas.
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.