Seguro para espectáculos
Seguros de responsabilidade civil
O seguro de espectáculos cobre a Responsabilidade Civil Extracontractual que poida derivarse para vostede polos danos persoais, materiais e prexuízos a consecuencia deles, involuntariamente ocasionados a terceiros por feitos que teñan relación directa:
- Coa organización dun evento, espectáculo público ou actividade recreativa concreta e declarada (risco temporal).
- Coa organización de eventos, espectáculos públicos ou actividades recreativas en xeral (risco anual).
Mediante a Cobertura Básica quedan amparadas, entre outras, as responsabilidades que de natureza civil-extracontractual puideran derivarse para o asegurado por diversos motivos (ata 11, para cubrir o risco de calquera tipo de evento, máis a R. C. Patronal como garantía opcional).
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.