Avarías de maquinaria cobre avarías mecánicas, defectos de función, etc.

Seguros empresas

Vai dirixido a empresas en xeral e particulares con interese en asegurar os seus equipos e/ou maquinaria fixa tanto para o seu uso profesional como privado.

Cobre as avarías mecánicas e/ou eléctricas internas: curtocircuíto e outras causas eléctricas (sobretensión, indución, illamento deficiente), defectos de engrase, esforzos anormais e autoquentamento, perturbacións de montaxe, defectos de fundición e man de obra deficiente.

Garantías opcionais:

  • Danos externos á maquinaria. Os danos externos (incendio, explosión, raio directo, roubo, expoliación, caídas, auga, etc.) poden cubrirse, se se desexa, a través desta garantía.
  • Gastos adicionais. Mediante a inclusión desta garantía procédese a indemnizar a remuneración dos traballos efectuados en horas extraordinarias, domingos, días festivos e pola noite que sexan precisos para reparar ou repor os bens afectados nun sinistro. Inclúese na indemnización os gastos de transporte con tarifas de urxencia das pezas de reposto do equipo avariado.
  • Interrupción do negocio. Esta cobertura protexe a marxe bruta ou os gastos permanentes da conta de resultados da empresa, se se paraliza a actividade por mor dun sinistro e non se consegue a facturación esperada. A cobertura opera ata que se recupere o volume normal esperado de negocio.

Contacte connosco

O titular da páxina informa que os datos deste formulario serán tratados para ofrecerlle a información solicitada, sendo a base legal do tratamento o consentimento outorgado polo usuario. Non se cederán datos a terceiros. Pode exercer os dereitos como se explica na Política de Privacidade.

Precisa máis información?

En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.

Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.

Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.

Servizos e productos da correduría de seguros

Outros seguros

  • Logo de Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
  • Logo do BOE
  • Logo do Diario Oficial de Galicia
  • Logo da DGT
  • Logo de Aemet
  • Logo de Invertia
  • Logo de  información sobre seguros
  • Logo de Consorcio compensación de seguros
  • Logo de BOP