Seguros de autos turismos, furgonetas, camións, autocares, tractores, motocicletas e ciclomotores
Seguros patrimoniais
Todo propietario dun vehículo a motor está obrigado a contratar e a manter en vigor un seguro que garante a responsabilidade civil do conductor polos danos que cause a outras persoas ou a bens de terceiros, por feitos da circulación. É o denominado "Seguro Obligatorio".
Características do seguro de autos. Existen tres grandes grupos de garantías:
- As que afectan ás persoas: Responsabilidade Civil de subscrición obrigatoria e voluntaria, defensa xurídica, asistencia en viaxe, accidentes do conductor ou ocupantes.
- As que afectan ao vehículo: danos propios, incendio, roubo, rotura de lúas.
- As complementarias: retirada do carné e recuperación de puntos. Defensa de multas.
Todas as garantías, excepto a responsabilidade civil de subscrición obrigatoria, son de contratación opcional, aínda que as aseguradoras adoitan comercializalas en paquetes denominados "Modalidades de Contratación".
Con ROMERO MULTISEGUR, S.L. pode contratar as seguintes modalidades:
Seguros a "Terceiros"
Normalmente inclúe as garantías de responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria, defensa xurídica, asistencia en viaxe e accidentes do conductor ou ocupantes.
Seguros a "Terceiros Ampliado"
Ademais das garantías do seguro a "Terceiros", inclúe a rotura de lúas, o incendio e/ou o roubo.
Seguros a "Todo Risco"
Inclúe as garantías do seguro a "Terceiros Ampliado" e os danos propios do vehículo.
Seguros a "Todo Risco con Franquicia"
Incorpora unha franquía na garantía de danos propios, polo que, en caso de sinistro, os danos ata o importe da franquía son a cargo do asegurado e os que excedan da mesma a cargo da Entidade Aseguradora.
Operamos coas principais aseguradoras: Allianz, Axa, Caser, Fiatc, Groupama, Mapfre, Reale, Helvétia, Vitalicio, etc., pero traballamos para vostede.
Buscamos a mellor relación coberturas-prezo-servizo e engadímoslle o noso asesoramento profesional e independente, en defensa dos seus intereses.
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.