Seguros para autónomos amplie as súas coberturas

Seguros empresas

Co seguro para autónomos xa pode traballar tranquilo, porque lle complementa as prestacións da Seguridade Social.

Autónomos é un sistema integral de protección creado para completar as limitacións das prestacións da Seguridade Social aos traballadores autónomos. Anteriormente, para conseguir o mesmo nivel de cobertura, vostede tiña que contratar moitos tipos de seguros: un plan de xubilación, un seguro de saúde, un seguro de vida...

Con autónomos vostede dispón dun multiproduto que os inclúe todos, podendo escoller entre tres modalidades (Vip, Complet ou Premier) ou deseñándose o seu propio proxecto persoal, no cal vostede decide os importes e as coberturas.

A quen lle interesa?

  • A persoas incluídas no Réxime Especial de Autónomos.
  • A persoas con obrigacións familiares de dependencia, como fillos ou cónxuxe.

Coberturas:

  • Seguro de Vida: asegurando para a súa familia o capital de falecemento que vostede decida.
  • Un seguro de saúde: con posibilidade de escoller libremente o médico ou acudir aos mellores especialistas incluídos no cadro médico. Vostede pode ademais ampliar a cobertura deste seguro ao resto da súa familia.
  • Un sistema de aforro: podendo incluír un plan de pensións ou de xubilación, vostede asegurará o seu futuro á vez que obtén as mellores rendibilidades dos seus aforros e as maiores vantaxes fiscais.
  • Un seguro de hospitalización: se ten que ser ingresado nun centro médico, por mor dun accidente ou enfermidade, percibirá unha indemnización cunha importante cantidade diaria.
  • Un seguro de incapacidade profesional: págalle unha compensación económica se, por calquera motivo, non pode seguir desempeñando a súa actividade profesional.
  • Un nivel de cobertura á medida de cada profesional: vostede poderá elixir libremente que capitais ou coberturas son o que máis lle interesa contratar.

Contacte connosco

O titular da páxina informa que os datos deste formulario serán tratados para ofrecerlle a información solicitada, sendo a base legal do tratamento o consentimento outorgado polo usuario. Non se cederán datos a terceiros. Pode exercer os dereitos como se explica na Política de Privacidade.

Precisa máis información?

En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.

Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.

Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.

Servizos e productos da correduría de seguros

Outros seguros

  • Logo de Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
  • Logo do BOE
  • Logo do Diario Oficial de Galicia
  • Logo da DGT
  • Logo de Aemet
  • Logo de Invertia
  • Logo de  información sobre seguros
  • Logo de Consorcio compensación de seguros
  • Logo de BOP