Accidentes convenio indemnizacións en caso de falecemento ou invalidez
Seguros empresas
En numerosos convenios colectivos establécese a obriga por parte do empresario que, en caso de falecemento ou invalidez xa sexa por calquera causa ou por accidente laboral, indemnízase ao traballador ou aos seus beneficiarios cunha cantidade determinada.
Neste tipo de pólizas asegúrase a todos os traballadores que no momento da contratación figuren no TC2 e TC1 da empresa e todas as altas e baixas que se produzan ao longo da anualidade, sen necesidade de ir comunicándoas de cada vez. É unha póliza innominada que non cobre a un traballador polo seu nome e apelido, senón por estar de alta no TC2 da empresa.
Contacte connosco
Precisa máis información?
En ROMERO MULTISEGUR, S. L., facilitámoslle unha asistencia profesional para solventar todas as súas necesidades do noso campo.
Dende a nosa correduría de seguros en Vilagarcía de Arousa, o noso principal propósito e facilitarlle inmediatez e eficacia en cada servizo que nos confíe. Apostamos pola formación constante dos nosos axentes de seguros para conseguir a total adaptabilidade a cada caso a usuario.
Bríndamoslle una total confidencialidade e transparencia. Contacte connosco para a xestión do seu negocio ou empresa.