Corredores de seguros en Vilagarcía

Seguro de responsabilidade civil: tranquilidade e responsabilidade

Seguros de responsabilidade civil

É o seguro que cobre o risco de que o patrimonio se vexa gravado pola obrigación de indemnizar, derivada da responsabilidade civil do asegurado.

O seguro cobre a responsabilidade civil, entendida xenéricamente como a obriga que ten unha persoa de reparar os danos e prexuízos producidos a un terceiro a consecuencia dunha acción ou omisión, propia ou doutro polo que se deba responder, na que haxa algún tipo de culpa ou neglixencia.

As pólizas de responsabilidade civil profesional contrátanse fundamentalmente sobre o volume de honorarios estimado da empresa, aínda que en ocasións pode haber outros criterios, como número de empregados, estados contables, etc.

Nestas pólizas establécese que terminada a anualidade, o asegurado deberá comunicar á compañía o volume realmente realizado co fin, se procede, de regularizar a prima.

Solicitar máis infomación