Corredores de seguros en Vilagarcía

Responsabilidade civil na construción: protexa o patrimonio

Seguros de responsabilidade civil

Durante o desenvolvemento de calquera actividade humana pódese causar dano a outra persoa. A súa reparación é o obxecto das regras da responsabilidade civil. Dentro das actividades que entrañan risco, a construción ocupa un lugar eminente no referente á responsabilidade, debido a que o proceso construtivo é unha operación complexa desde o punto de vista técnico e xurídico.

Dentro das diferentes formas de responsabilidades nas que poden incorrer os axentes interventores no proceso construtivo podemos distinguir entre a responsabilidade extracontractual e contractual. A norma fundamental dentro do noso sistema legal de responsabilidade extracontractual é o artigo 1902 do Código Civil que di: "El que por acción u omisión cause daño a otro, interviniendo culpa o negligencia, está obligado a reparar el daño causado".

A empresa de construción, como factor de risco dentro da sociedade industrializada, precisa do seguro de responsabilidade civil como instrumento eficaz, para a protección do seu patrimonio.

Tipos de pólizas

As pólizas poderán ter dúas formas:

Pólizas por Obra:

Garántese a intervención do asegurado nunha obra determinada.

Pólizas Abertas:

Garántense todas as obras que realice a empresa durante unha anualidade. Esta póliza é renovable.

A póliza aberta ten a vantaxe da súa comodidade, xa que o asegurado non ten obrigación de declarar cada obra en que interveña, senón que, mediante a declaración do volume de facturación realizado durante unha anualidade considéranse incluídas todas as obras executadas correspondentes á actividade asegurada.

Ademais, unha vez chegado o termo do período do seguro, o asegurado non terá a obriga de comunicar ao asegurador que desexa renovar a póliza, senón que a póliza renovarase tácitamente de ano en ano, salvo indicación en contra por parte do asegurado ou asegurador e unicamente polos motivos reflectidos en devandita póliza.

Solicitar máis infomación