Corredores de seguros en Vilagarcía

Corredores de seguros: que son e que fan

O Corredor de Seguros é un profesional que axuda aos consumidores e ás empresas en todo o relacionado cos seus Seguros.

O Corredor de Seguros traballa para conseguir as ofertas que mellor se adapten ás necesidades dos seus clientes, xestionando a contratación definitiva dos seus contratos de seguros e asistíndolles, asesorándolles e axudándolles en todos os trámites e xestións posteriores, especialmente no caso de producirse un sinistro.

Para conseguir a mellor oferta para o seu cliente, o Corredor realiza a súa tarefa mediante un asesoramento obxectivo. En caso de sinistro, o Corredor representa ao seu cliente ante as Compañías de Seguros tramitando, xestionando e defendendo os seus intereses para que as Entidades Aseguradoras cumpran coas súas obrigas segundo os termos e condicións acordados no seu Contrato de Seguro.

Servizos e productos da correduría de seguros

Outros seguros

  • Subsidio de retira de carné
  • Asistencia a turismos e motos
  • Seguro de asistencia en viaxe ou desprazamento
  • Asistencia para transportes
  • Defensa xurídica do automobilista
  • Defensa xurídica para comunidades de propietarios
  • Defensa xurídica familiar
  • Defensa xurídica para arrendador
  • Defensa xurídica da empresa
  • Protección de inmobles