Corredores de seguros en Vilagarcía

PPA: plans de aforro

Produtos de investimento e aforro

Que son os PPA?

Os Plans de Previsión Asegurados son un instrumento de aforro de carácter privado cuxo obxectivo é complementar as prestacións da Seguridade Social. Trátase dun seguro de vida aforro cuxas prestacións recíbense no momento da xubilación, cunha rentabilidade asegurada e con idénticas vantaxes fiscais cos plans de pensións individuais.

Os PPA teñen un carácter de seguro, o que obriga ás entidades garantizar un tipo de interés mínimo ata o seu vencemento.

Os PPA terán coma cobertura principal a xubilación, pero poderán cubrir adicionalmente as continxencias de invalidez e falecemento.

Son produtos que non teñen liquidez ata a xubilación pero existen unha serie de supostos nos que se pode dispoñer anticipadamente do diñeiro. Concretamente:

  • Enfermidade grave. Enténdese como tal, calquera doencia ou lesión que incapacite temporalmente para a ocupación durante un período continuado de, mínimo, 3 meses.
  • Desemprego de larga duración, considerado coma o que se produce durante un período continuado de un mínimo de 12 meses.

Existe a posibilidade de traspasar o capital acumulado dun PPA a outro PPA. Aínda que non se poderá pasar dun Plan de Pensións Individual a un PPA ou viceversa.

Con periodicidade, polo menos trimestral, o tomador do seguro deberá recibir información sobre o valor dos dereitos dos que é titular (provisión matemática), e do seu valor do mercado.

Gozan da mesma fiscalidade que os Plans de Pensións Individuais tanto no trato das primas achegadas coma no das prestacións recibidas.

A contía máxima de prima a pagar un Plan de Previsión Asegurado é de 8.000 €, para tomadores cuxa idade non exceda de 52 anos. Para tomadores de máis de 52 anos as primas máximas son as seguintes:

  • 9.250€53 anos
  • 10.500€54 anos
  • 11.750€55 anos
  • 13.000€56 anos
  • 14.250€57 anos
  • 15.500€58 anos
  • 16.750€59 anos
  • 18.000€60 anos
  • 19.250€61 anos
  • 20.500€62 anos
  • 21.750€63 anos
  • 23.000€64 anos
  • 24.250€65 anos ou máis

A quen vai dirixido un PPA?

A persoas que desexen contratar un produto que complemente a súa xubilación.

A clientes cun perfil de risco conservador, que buscan un produto que lles garanta un interese mínimo e que lles dea vantaxes fiscais en función dos ingresos que teñamos e das primas que acheguemos a un PPA, se poden conseguir importantes aforros fiscais.

Solicitar máis infomación

Outros produtos de investimento e aforro