Corredores de seguros en Vilagarcía

Plans de emprego: plans de pensións para os seus empregados

Seguros empresas

Poñemos á súa disposición varios plans de pensións de emprego de promoción conxunta para que elixa o que máis se adapte aos traballadores da súa empresa.

Mediante esta fórmula a empresa pode mellorar as condicións laborais dos seus empregados e ofrecerlles un complemento laboral de alto valor social, que achega vantaxes fiscais para ambas partes:

  • Como PEME: as aportacións realizadas en favor dos traballadores son un gasto deducible no Imposto sobre Sociedades.
  • Como persoa autónoma: as aportacións realizadas a favor dos traballadores son un gasto deducible no seu IRPF na modalidade de estimación directa.

As aportacións realizadas en favor dos traballadores están exentas de cotización na Seguridade Social e non están suxeitas a retención a conta do IRPF. Consúltenos.

Solicitar máis infomación