Corredores de seguros en Vilagarcía

PIAS: para non correr riscos cos seus aforros

Produtos de investimento e aforro

Os plans individuais de aforro sistemático (PIAS) son un produto de éxito, dirixido, sobre todo, a aforradores de perfil conservador e que, polo tanto, non queren correr riscos cos seus aforros.

Os plans individuais de aforro sistemático, popularmente coñecidos como PIAS, que comezaron a comercializarse no mercado español o 1 de xaneiro do 2007, son un produto financieiro exclusivamente asegurador.

A súa finalidade é ir acumulando un capital ao longo do tempo, que pode servir como complemento á pensión pública de xubilación.

O límite máximo anual que se pode aportar a este tipo de plans está fixado en 8.000 euros, según se expón na actual lei de IRPF.

Esta renta vitalicia asegurada pode comezar a percibirse unha vez transcurridos 10 anos dende o pago da primeira prima. O beneficio fiscal destos produtos consiste na exención de tódolos rendementos que se xeraron dende o pago da primeira prima ata o inicio do cobro da renta vitalicia asegurada.

Outra das peculiaridades deste instrumento é que cada contribuinte so poderá contratar un plan individual de aforro sistemático (polo contrario, é posible contratar máis de un plan de pensións por titular). Ademais, pola súa natureza como seguro de vida, os PIAS ofrecen un capital asegurado en caso de falecemento do seu titular.

Solicitar máis infomación

Outros produtos de investimento e aforro