Corredores de seguros en Vilagarcía

Seguros de obra civil: cubre os danos da construción

Seguros empresas

Trátase dun seguro de construción destinado aos traballos de obra civil. Este seguro cobre calquera dano á construción, salvo o expresamente excluído, sempre que os danos ou perdas producidos sexan consecuencia directa dunha causa accidental e imprevisible.

Quen se asegura?

O tomador do seguro, así como todos os contratistas e subcontratistas que interveñan na obra por conta do tomador, coa condición de que a súa facturación estea incluída na suma asegurada. O tomador do seguro adoita ser o promotor ou o contratista principal.

Por que contratar un seguro de Obra Civil?

Porque os riscos que se presentan na execución dunha obra civil poden carrexar danos, nos que a reparación afecte ao desenvolvemento previsto da construción. Ademais a afección económica non se reduce exclusivamente á contía deses danos, senón que tamén poden existir outros gastos derivados importantes. Ante todas estas eventualidades o seguro de obra civil garante unha protección adecuada.

Existen dúas modalidades de contratación:

  • Póliza Aberta
  • Póliza por Obra
ROMERO MULTISEGUR, S. L. recoméndalle a contratación deste seguro na modalidade de póliza aberta porque cobre todas as obras que emprenda o asegurado nunha anualidade. É renovable anualmente e confecciónase a medida das necesidades do cliente.

Solicitar máis infomación