Corredores de seguros en Vilagarcía

Seguro de fianzas ante a administración: necesario para adxudicacións públicas

Seguros empresas

A necesidade deste seguro vén determinada pola vixente Lei de contratación coas administracións públicas, que esixe a presentación dun aval bancario ou dun seguro de caución que garanta o cumprimento das obrigacións contraídas por aquelas persoas físicas ou xurídicas que liciten ou contraten coa administración.

O artigo 68 da Lei 50/80 de Outubro de Contrato de Seguro, define o Seguro de Caución como segue: "Por el seguro de Caución el asegurador se obliga, en caso de incumplimiento por el tomador del seguro, de sus obligaciones legales o contractuales, a indemnizar al asegurado a título de resarcimiento o penalidad, los daños patrimoniales sufridos dentro de los límites establecidos en la Ley o en el contrato. Todo pago hecho por el asegurador deberá serle reembolsado por el tomador del seguro".

Quen se asegura?

No seguro de fianzas ante a administración o asegurado pode ser calquera organismo público ou empresa pública, dependentes da administración, xa sexa estatal, autonómica ou local. O tomador do seguro será a persoa física ou xurídica que licite nun concurso convocado pola administración, ou que resulte adxudicatario do mesmo.

Solicitar máis infomación