Corredores de seguros en Vilagarcía

Familiar: cobre danos causados a terceiros como particular

Seguros de responsabilidade civil

O seguro de R. C. Particular e/ou Familiar é un seguro que cobre ata o límite por sinistro e ano indicado nas condicións particulares, as indemnizacións que poidan resultar como consecuencia dos danos directa e accidentalmente causados a terceiros por accións ou omisións neglixentes na súa actuación como:

  • Particular.
  • Cabeza de familia.
  • Deportista na práctica como afeccionado de calquera deporte, salvo de deportes aeronáuticos, o emprego de embarcacións e vehículos a motor.
  • Propietario de animais de compañía como cans e gatos, que convivan na vivenda asegurada e non sexan utilizados con fins comerciais, excepto as producidas pola posesión ou tenencia de razas cualificadas de "cans de garda e defensa".
  • Propietario ou usuario de bicicletas, e outros vehículos non a motor, así como embarcacións de remo ou a pedal.
  • O desprendemento de elementos do continente balcóns, cornixas, tellas, cristais, árbores ou antenas.
Solicitar máis infomación