Corredores de seguros en Vilagarcía

Exteriorización de pensións: prohibido o uso de fondos internos.

Seguros empresas

En cumprimento da Directiva 80/987/CEE, relativa á protección dos traballadores en casos de insolvencia do empresario, establécese que os compromisos por pensións deben instrumentarse mediante Plans de Pensións e/ou Contratos de Seguros, prohibíndose a utilización de fondos internos ou instrumentos similares que supoñan que a empresa mantén a titularidade dos recursos constituídos.

Os compromisos obxecto de exteriorización son os seguintes:

  • Xubilación ou situación asimilable, incluídos os premios por xubilación.
  • Invalidez laboral total e permanente para a profesión habitual, ou absoluta e permanente para todo traballo, así como a gran invalidez.
  • Morte do traballador.

O 73% dos Convenios Colectivos teñen recollidos compromisos relativos á continxencia de xubilación, sendo necesaria a correspondente constitución de provisión técnica ou capitalización.

Aquelas empresas que non realicen esta obrigada exteriorización de compromisos por pensións incorrerán nunha infracción considerada como moi grave, con sancións que van desde 3.005,06€ a 90.151,82€.

Solicitar máis infomación