Corredores de seguros en Vilagarcía

Decenal: destinado a protexer aos propietarios

Seguros empresas

Desde a promulgación da Lei 38/1999 do 5 de Novembro, de Ordenación da Edificación (LOE), a garantía decenal é obrigatoria para calquera edificio de uso vivenda na que a solicitude de licenza de obra de nova planta ou sobre preexistentes, fora posterior ao 6/05/2000.

Por mor da Lei 53/2002 do 30 de Decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social, a LOE foi modificada para exonerar da obriga do seguro aos autopromotores e obras de rehabilitación.

O seguro de danos á edificación está destinado a protexer aos propietarios, promotores e adquirintes dos edificios ou de parte dos mesmos a partir da data de recepción, fronte aos danos materiais que sufran debido a determinados vicios ou defectos constructivos.

Solicitar máis infomación