Corredores de seguros en Vilagarcía

Seguros para comercios: asegure o seu negocio

Seguros patrimoniais

Este seguro vai dirixido a negocios independentes, comercios ou oficinas de todo tipo, xa sexan do medio rural ou urbano. Contar cun seguro de comercio axudaralle a evitar que algo inesperado poña en perigo o desenvolvemento da súa actividade.

Nós buscamos as garantías necesarias para que vostede se ocupe de realizar a súa actividade con total tranquilidade sabendo que ten o seu negocio ben cuberto. O seguro de oficinas e comercios é un produto moi estandarizado, con todo é importante que os datos que se dan sexan o máis axustados posibles.

Temos que valorar ben:

Continente

É o conxunto formado polas paredes, teitos e chans do local e todo o que vai unido aos mesmos. Se é propietario o valor que hai que poñer é o de construción, non o de mercado e se vostede é inquilino, poremos o valor das obras de reforma que realice.

Contido

O conxunto de mobles, archivadores, andeis, equipos de fax, fotocopiadoras, artigos de decoración e maquinaria, etc. que hai nun local.

Responsabilidade Civil

Os danos que vostede ou os seus empregados poidan producir a un terceiro por calquera tipo de causa. Dentro da mesma inclúense as reclamacións dos seus propios empregados á empresa por causa de danos reais ou presuntos que poidan sufrir.

Existencias

Valor da mercancía en tenda, oficina ou almacén.

Solicitar máis infomación

Outros seguros patrimoniais