Corredores de seguros en Vilagarcía

Avarías de maquinaria: cobre avarías mecánicas, defectos de función, etc.

Seguros empresas

Vai dirixido a empresas en xeral e particulares con interese en asegurar os seus equipos e/ou maquinaria fixa tanto para o seu uso profesional como privado.

Cobre as avarías mecánicas e/ou eléctricas internas: curtocircuíto e outras causas eléctricas (sobretensión, indución, illamento deficiente), defectos de engrase, esforzos anormais e autoquentamento, perturbacións de montaxe, defectos de fundición e man de obra deficiente.

Garantías opcionais:

  • Danos externos á maquinaria. Os danos externos (incendio, explosión, raio directo, roubo, expoliación, caídas, auga, etc.) poden cubrirse, se se desexa, a través desta garantía.
  • Gastos adicionais. Mediante a inclusión desta garantía procédese a indemnizar a remuneración dos traballos efectuados en horas extraordinarias, domingos, días festivos e pola noite que sexan precisos para reparar ou repor os bens afectados nun sinistro. Inclúese na indemnización os gastos de transporte con tarifas de urxencia das pezas de reposto do equipo avariado.
  • Interrupción do negocio. Esta cobertura protexe a marxe bruta ou os gastos permanentes da conta de resultados da empresa, se se paraliza a actividade por mor dun sinistro e non se consegue a facturación esperada. A cobertura opera ata que se recupere o volume normal esperado de negocio.
Solicitar máis infomación