Corredores de seguros en Vilagarcía

Seguros de autos: turismos, furgonetas, camións, autocares, tractores, motocicletas e ciclomotores

Seguros patrimoniais

Todo propietario dun vehículo a motor está obrigado a contratar e a manter en vigor un seguro que garante a responsabilidade civil do conductor polos danos que cause a outras persoas ou a bens de terceiros, por feitos da circulación. É o denominado "Seguro Obligatorio".

Características do seguro de autos. Existen tres grandes grupos de garantías:

  • As que afectan ás persoas: Responsabilidade Civil de subscrición obrigatoria e voluntaria, defensa xurídica, asistencia en viaxe, accidentes do conductor ou ocupantes.
  • As que afectan ao vehículo: danos propios, incendio, roubo, rotura de lúas.
  • As complementarias: retirada do carné e recuperación de puntos. Defensa de multas.

Todas as garantías, excepto a responsabilidade civil de subscrición obrigatoria, son de contratación opcional, aínda que as aseguradoras adoitan comercializalas en paquetes denominados "Modalidades de Contratación".

Con ROMERO MULTISEGUR, S.L. pode contratar as seguintes modalidades:

  • Seguros a "Terceiros": normalmente inclúe as garantías de responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria, defensa xurídica, asistencia en viaxe e accidentes do conductor ou ocupantes.
  • Seguros a "Terceiros Ampliado": ademais das garantías do seguro a "Terceiros", inclúe a rotura de lúas, o incendio e/ou o roubo.
  • Seguros a "Todo Risco": inclúe as garantías do seguro a "Terceiros Ampliado" e os danos propios do vehículo.
  • Seguros a "Todo Risco con Franquía": incorpora unha franquía na garantía de danos propios, polo que, en caso de sinistro, os danos ata o importe da franquía son a cargo do asegurado e os que excedan da mesma a cargo da Entidade Aseguradora.

Operamos coas principais aseguradoras: Allianz, Axa, Caser, Fiatc, Groupama, Mapfre, Reale, Helvétia, Vitalicio, etc., pero traballamos para vostede.

Buscamos a mellor relación coberturas-prezo-servizo e engadímoslle o noso asesoramento profesional e independente, en defensa dos seus intereses.

Solicitar máis infomación

Outros seguros patrimoniais